domingo, 3 de abril de 2011

En que rúa está este home?



Bueno esta foto é do ano 60 e pouco.Este home chámase Esteban,nativo de Carballo ainda que non me acorda moi ben se vivía en Carballo ou en algunha aldea de arredores.A maior parte da súa vida pasouna en Alemaña e en Suiza exercendo de albañil e tamén de obreiro.Os 20 últimos anos da súa vida pasounos nunha aldea próxima a Carballo.Esta foto pertence ás festas do San Xoán do 63,na que Esteban estaba a disfrutar das fermosas festas daquí.Sorte a todos e a todas!

1 comentario: